luns, 15 de xuño de 2015

A historia da Torre de Arcos


Hai moitos anos, vivía unha raiña chamada Ana Rosa de Arcos que vivía na vila de Chantada. Ela ía pasear tódalas tardes pola súa vila, pero, quixo ir máis aló. Un día, moi cedo, saíu do seu cuarto, colleu todo o que precisaba para toda a mañá e estar alí de volta ás dez, (que era cando a ían espertar).
Cando xa estaba a uns metros da saída da vila, parouse un momento a tomar unha pouca froita, xa que tiña fame. Acabou de comer, e tiña moita sede, por eso, pasou uns cinco minutos buscando nun regato pequeno que lera nun libro da súa biblioteca, o libro dicía que tiña unha auga moi limpa e que se podía beber. Comezou a camiñar, e aos cinco minutos atopouno, bebeu todo o que puido, pero ao acabar escoitou uns ruídos tras duns sotobosques, como non tiña medo, asomouse, non viu ningún animal nin nada parecido, pero... o que atopou foi algo moi raro, unha personiña moi moi pequena. Ana Rosa quedou moi sorprendida, aínda máis cando lle dixo que se chamaba Xacia e que viñera para dicirlle que tiña un agasallo para ela que construíran fai moitos anos e que a quería levar, Ana Rosa díxolle que vale, pero que tería que estar no castelo nun pouco máis de media hora. Aos dous minutos chegaron a unha torre enorme, tanto por dentro coma por fora. A raíña quedara impresionada por aquela maravilla. Cando lle eran horas de volver, Xacia levouna de volta ao castelo.
Ana Rosa foi visitar a torre durante máis de tres meses, cando un día que ía de camiño para alí, o seu fillo maior, Raúl a viu e preguntoulle a onde ía, ela non tivo máis remedio que ensinarlle a torre, primeiro ao seu fillo, despois ao resto dos fillos, ao seu marido... ao final, todo Chantada viu aquela torre.
Hoxe en día a torre non está en tan voas condicións, pero segue tendo un recordo de aquela raíña que a coidara todo o tempo que puido e ao final se quedara alí a vivir. O recordo que ten é o seu apelido, Arcos, a Torre de Arcos.
TORRE DE ARCOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario