luns, 23 de marzo de 2015

Ruta Ribeira Sacra do Sil os Palleiros - Doade

Esta ruta está ben facela porque hai unhas vistas moi bonitas do río Sil e os sulcalcos coas vides. Despois pasarase polo mirador da Pena do Castelo coa capela de San Mauro, onde se pode ver o impresionante que é o canon do Sil e a Ribeira Sacra.
Saímos do lugar de Os Palleiros, no concello de Monforte de Lemos e rematamos en Doade, no concello de Sober. Podemos visitar o mirador do Duque. O percorrido está bastante ben señalizado. Polo camiño podemos ver piñeiros, castiñeiros, carballos, bidueiros... ata chegar a unha ladeira cunhas vistas impresionantes do Sil. despois de pasar o mirador da Pena do Castelo coa capela de San Mauro, chegaremos ao souto de Valguaire cos seus castiñeiros milenarios.
Rematamos en Doade onde hai varios lugares para xantar. Tamén podemos achegarnos, a menos 1km, ao Priorato de Doade, case en ruínas. Cas igrexa parroquial de San Martiño, dos séculos XVII-XVIII.

Enlace: Ruta Ribeira Sacra do Sil Os Palleiros
Castellano
Galego
Inglés
Tojos
Toxos
Gorse
Cepas
Vides
Lives
Pinos
Piñeiros
Pine
Iglesia de San Martiño
Igrexa de San Martiño
Church of San Martiño
Mirador da Pena do Castelo
Mirador da Pena do Castelo
Viewpoint of Pena do Castelo
Capilla de San Mauro
Capela de San Mauro
Chapel of San Mauro
Robles
Carballos
Oaks
Abedules
Bidueiros
Birches
Castaños
Castiñeiros
Chestunut
El cañon del Sil
O canon do Sil
Sil canyon

Ningún comentario:

Publicar un comentario