luns, 15 de xuño de 2015

Cartel sobre as Festas de Castro

Festas en Castro

A historia da Torre de Arcos


Hai moitos anos, vivía unha raiña chamada Ana Rosa de Arcos que vivía na vila de Chantada. Ela ía pasear tódalas tardes pola súa vila, pero, quixo ir máis aló. Un día, moi cedo, saíu do seu cuarto, colleu todo o que precisaba para toda a mañá e estar alí de volta ás dez, (que era cando a ían espertar).
Cando xa estaba a uns metros da saída da vila, parouse un momento a tomar unha pouca froita, xa que tiña fame. Acabou de comer, e tiña moita sede, por eso, pasou uns cinco minutos buscando nun regato pequeno que lera nun libro da súa biblioteca, o libro dicía que tiña unha auga moi limpa e que se podía beber. Comezou a camiñar, e aos cinco minutos atopouno, bebeu todo o que puido, pero ao acabar escoitou uns ruídos tras duns sotobosques, como non tiña medo, asomouse, non viu ningún animal nin nada parecido, pero... o que atopou foi algo moi raro, unha personiña moi moi pequena. Ana Rosa quedou moi sorprendida, aínda máis cando lle dixo que se chamaba Xacia e que viñera para dicirlle que tiña un agasallo para ela que construíran fai moitos anos e que a quería levar, Ana Rosa díxolle que vale, pero que tería que estar no castelo nun pouco máis de media hora. Aos dous minutos chegaron a unha torre enorme, tanto por dentro coma por fora. A raíña quedara impresionada por aquela maravilla. Cando lle eran horas de volver, Xacia levouna de volta ao castelo.
Ana Rosa foi visitar a torre durante máis de tres meses, cando un día que ía de camiño para alí, o seu fillo maior, Raúl a viu e preguntoulle a onde ía, ela non tivo máis remedio que ensinarlle a torre, primeiro ao seu fillo, despois ao resto dos fillos, ao seu marido... ao final, todo Chantada viu aquela torre.
Hoxe en día a torre non está en tan voas condicións, pero segue tendo un recordo de aquela raíña que a coidara todo o tempo que puido e ao final se quedara alí a vivir. O recordo que ten é o seu apelido, Arcos, a Torre de Arcos.
TORRE DE ARCOS

luns, 23 de marzo de 2015

Ruta Ribeira Sacra do Sil os Palleiros - Doade

Esta ruta está ben facela porque hai unhas vistas moi bonitas do río Sil e os sulcalcos coas vides. Despois pasarase polo mirador da Pena do Castelo coa capela de San Mauro, onde se pode ver o impresionante que é o canon do Sil e a Ribeira Sacra.
Saímos do lugar de Os Palleiros, no concello de Monforte de Lemos e rematamos en Doade, no concello de Sober. Podemos visitar o mirador do Duque. O percorrido está bastante ben señalizado. Polo camiño podemos ver piñeiros, castiñeiros, carballos, bidueiros... ata chegar a unha ladeira cunhas vistas impresionantes do Sil. despois de pasar o mirador da Pena do Castelo coa capela de San Mauro, chegaremos ao souto de Valguaire cos seus castiñeiros milenarios.
Rematamos en Doade onde hai varios lugares para xantar. Tamén podemos achegarnos, a menos 1km, ao Priorato de Doade, case en ruínas. Cas igrexa parroquial de San Martiño, dos séculos XVII-XVIII.

Enlace: Ruta Ribeira Sacra do Sil Os Palleiros
Castellano
Galego
Inglés
Tojos
Toxos
Gorse
Cepas
Vides
Lives
Pinos
Piñeiros
Pine
Iglesia de San Martiño
Igrexa de San Martiño
Church of San Martiño
Mirador da Pena do Castelo
Mirador da Pena do Castelo
Viewpoint of Pena do Castelo
Capilla de San Mauro
Capela de San Mauro
Chapel of San Mauro
Robles
Carballos
Oaks
Abedules
Bidueiros
Birches
Castaños
Castiñeiros
Chestunut
El cañon del Sil
O canon do Sil
Sil canyon

luns, 15 de decembro de 2014

Igrexa de Chouzán

Chouzán é unha parroquia que se localiza na comarca de Chantada, no concello de Carballedo, con unha poboación de 22 habitantes distribuídos en 8 aldeas. A igrexa de San Estevo de Chouzán, foi un antigo mosteiro datado a mediados do século XII ainda que posteriormente fixéronse varias reformas.

A lenda das xacias

Conta a lenda que no pobo de Chouzán no concello de Carballedo, que está situado ao lado do río Miño, existían as xacias que eran seres mitolóxicos, que vivían no río, e como as sereas do mar feitizaban ao homes cos seus cantos e feitizos.Un veciño de Chouzán namorouse de una delas, a xacia saliu do río para ir con il a aldea e casarse, pero non se acostumaba a aquela vida e non facía máis ca chorar e chorar, polo que unha noite, volveu ao río; o home ao espertar pola mañá e non atopala, con moita dor foi buscala ao pé do río e ao vela tirouse a auga onde morreu afogado.

luns, 10 de novembro de 2014

Tipos de bolgs

1 blog, chamado "Malas Fotos" contén fotos de diferentes lugares, non ten barra nin gadgets, ten un diseño básico. ademáis ten unhas frases que lle dan un pouco de humor ao blog.
A diferenza do primeiro blog,o segundo, chamado "Antología poética multimedia" contén gadgets e barra lateral, na parte superior do blog. Está dedicado á poesía, contén entradas populares e poemas de distintos autores, as cores blog son moi agradables, tipo cores pastel.
No 3º blog, chamado "5 liñas" está dedicado a como facer que os blogs sexan atractivos a vista, combinando letras con fotos e as entradas están seguidas unhas detrás das outras.
E, finalmente, o cuarto blog, chamado "A pé de aula", a diferenza dos outros blogs, este está dedicado a actividades que teñen lugar nas aulas, contén entradas e cada entrada vai acompañada por unha imaxe.